Fai uns días tivemos no cole unha charla sobre a celiaquía. Resultounos moi interesante porque aprendemos cousas que descoñecíamos e ademáis resultou moi útil, posto que temos varios compañeiros celíacos.
Puidemos facer preguntas e así resolver todas as dúbidas que tiñamos sobre o tema.Despois da charla,disfrutamos dunha merenda sen glute que non estivo nada mal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario