viernes, 26 de febrero de 2016

Agasallo sorpresa.

  Hoxe tivemos unha sorpresa inesperada na clase. Sabela F. estaba de aniversario e a súa nai tivo o detalle de agasallarnos cun marcapáxinas feito a man que nos encantou,de feito, dende ese día,estámoslle dando moito uso.Mirade que bonitos! 







miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía 2016.

  O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía,e no cole,como todos os anos,lembramos a esta escritora elaborando diversos materiais que despois repartimos por Seixo para facer partícipes aos nosos veciños da homenaxe á gran autora galega.
 Este curso,fixemos uns marcapáxinas para repartir e unhas postais,que despois mandariamos por correo.






jueves, 18 de febrero de 2016

O noso corpo.

Vídeo explicativo sobre o noso sistema locomotor.

TÁBOAS DE MULTIPLICAR

  Este trimestre toca aprender as táboas de multiplicar,así que aquí vos deixo unha pequena axuda para que sexa máis divertido.
 Se premedes na parte superior esquerda do video de MILIKI tedes todas as táboas do 1 ao 10.

 

martes, 16 de febrero de 2016

Celebrando o día do amor e a amizade: 14 de febreiro.

  Como ben sabedes, o 14 de febreiro é o día do amor, e como nos encanta demostrar o cariño aos demáis, aproveitamos a ocasión para expresar canto nos queremos cunha carta.Aquí tedes as fotos. 





 

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

 Como ven sendo tradicional ,un ano máis celebramos o entroido no cole .Este ano decidíuse recrear o enterro da sardiña. Fixemos un desfile polas rúas de Seixo e pasámolo pipa.

viernes, 5 de febrero de 2016

CHARLA SOBRE A CELIAQUÍA.

  Fai uns días tivemos no cole unha charla sobre a celiaquía. Resultounos  moi interesante porque aprendemos cousas que descoñecíamos e ademáis resultou moi útil, posto que temos varios compañeiros celíacos.
  Puidemos facer preguntas e así resolver todas as dúbidas que tiñamos sobre o tema.Despois da charla,disfrutamos dunha merenda sen glute que non estivo nada mal.

lunes, 1 de febrero de 2016

RESTAS LEVANDO

 A algúns alumn@s lles está custando un pouco entender as restas levando ,por iso vos deixo aquí un titorial do método que utilizamos na clase para facelas e que así lles poidades axudar na casa seguindo o mesmo sistema e que así non se líen. Grazas.