martes, 14 de junio de 2016

FESTA DO SABER

Con motivo da festa do saber que se levou a cabo no cole,asistimos a presentación do traballo realizado polo alumnado de 5º curso,no que investigaron sobre o río Loira e sobre a fauna e a flora que nel podemos atopar. 
Tamén nós fixemos unha presentación sobre os cruceiros . Estabamos moi nerviosos,pero ao final saíunos bastante ben. Despois de contar o que sabíamos sobre o tema,invitamos ao alumnado de 4º ( que era o curso para o que fixemos a presentación) a participar nun xogo de preguntas elaborado por nós. O equipo gañador foi o equipo nº 1,que gañou un cruceiro en miniatura e un diploma.
Asemade,os/as alumnos/as de 4º representaron para nós unha obra de teatro .
Aquí tedes algunhas fotos destas actividades.

PRESENTACIÓN DE 5º CURSO: RÍO LOIRA










    PRESENTACIÓN DE 2º CURSO: OS CRUCEIROS





     OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLO ALUMNADO DE 4º.






sábado, 11 de junio de 2016

Saída para coñecer o contorno.

 Aquí tedes as fotos da saída que fixemos o venres 10 de xuño polos arredores do cole. Pasámolo xenial, xa que coñecemos lugares moi bonitos e interesantes, coma o cruceiro de Soaxe, o lavadoiro, algúns muíños, e tamén vimos varias fervenzas. Encantounos a experiencia, unha ruta totalmente recomendable!

jueves, 9 de junio de 2016

Exposición sobre o río Loira.

 Os alumn@s de 5º quixeron amosarnos o seu traballo sobre o río Loira coa proxeción dun vídeo no que nos contaban moitas cousas curiosas sobre este río,para despois comprobar cun xogo de preguntas todo o que aprenderamos coas súas explicacións. Eles fixéronno moi ben e nós pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas.