miércoles, 25 de mayo de 2016

Saímos na radio!


Para colaborar coa homenaxe que se lle fixo este ano a Manuel María con motivo do Día das Letras Galegas,gravamos un dos seus poemas na radio. A experiencia foi moi divertida e saíunos de marabilla. Aquí tedes algunhas fotos e a gravación para que comprobedes o ben que o fixemos.







Agora premede aquí se queredes escoitar a nosa gravación: 


sábado, 7 de mayo de 2016

Festa do maio

 Esta semana todo o cole participou na elaboración dun maio. Foi moi divertido e a verdade é que quedou precioso. Moitas grazas ás nais pola súa colaboración xa que grazas a elas puidemos rematalo a tempo.



Xogos

Déixovos uns cantos xogos para repasar as táboas de multiplicar.A ver quen as sabe mellor?


martes, 3 de mayo de 2016

DÍA DO LIBRO


 Fai uns días celebramos o Día do libro lendo contos co alumnado de 6º curso.Despois decoramos debuxos de animais para completar un mural que estamos facendo no cole.Quedou precioso,xa o veredes!
 Aquí tedes algunhas fotos dese día.