sábado, 19 de diciembre de 2015

NADAL 2015

  Aquí tedes algunhas fotiños nosas festexando o Nadal coa visita sorpresa do Apalpador e Papá Noel e bailando no festival de panxoliñas.


viernes, 13 de noviembre de 2015

APRENDEMOS OS NÚMEROS

Actividades para practicar a numeración. Fai clic na imaxe para comezar.















MAGOSTO 2015

  Aquí tedes algunhas fotos da celebración do Magosto deste curso. Ao final o mal tempo non nos deixou disfrutar dos xogos tradicionais, pero o que sí disfrutamos foron as castañas, mmmmmm... que ricas!!!











sábado, 31 de octubre de 2015

A MOCHILA VIAXEIRA

  Laura foi a primeira da clase en levar a mochila para casa. Agardamos que a súa familia e a ela lles guste a experiencia.



XOGO DO SAMAÍN

  Se premes no debuxo que está debaixo, poderás xogar a facer crebacabezas ,sopas de letras e actividades relacionadas co Samaín.

jueves, 29 de octubre de 2015

LECTURAS TERRORÍFICAS

 Aproveitando estas datas,pedimos que o alumnado do cole buscase na casa contos de medo ou relacionados coa temática do Samaín. Á nosa clase foron chegando moitos libros terroríficos e tamén divertidos cos que pasar un bo rato lendo.

QUÉ MEDO!

  Esta semana no cole traballamos sobre o Samaín. Informámonos sobre a súa orixe, sobre as tradicións e decoramos todo con cabazas, arañas e pantasmas. Tamén cantamos cantigas e vimos obras de teatro representadas por compañeiros/as doutros cursos.Aquí tedes algunhas fotos destes días.





SAMAIN 2015 - Kizoa Movie Maker

miércoles, 28 de octubre de 2015

HORA DE LER

  Xa sabedes que na nosa clase lemos todos os días e para levar un control do moito que lemos imos pintando no lectómetro todos os libros que lemos. Como vedes,a cousa marcha!



CHEGOU O OUTONO!

  Xa está aquí o outono e as árbores comezan a perder as súas follas , por iso aproveitamos para recoller unhas poucas no patio do cole para facer uns traballos de plástica . Con elas fixemos raposos,  ourizos , paxaros, etc. Quedaron bastante ben!




COMEZAMOS UN NOVO CURSO



  Ola a tod@s! No verán pasámolo moi ben pero toca voltar ao cole. Comezamos un novo curso 
moi ilusionados ademáis este curso temos dúas novas compañeiras que se chaman Ada e Ángela. 
Algunhas cousas que aprendemos o curso pasado esquecéronsenos pero axiña as lembraremos.
Agardamos pasar un bo curso aprendendo moitas cousas e compartindo algunhas con vós.


COMEZA A NOSA ANDAINA



 Benvid@s  ao  meu blogue,onde publicarei novas, fotos, actividades para aprender xogando, e todas aquelas experiencias que queremos compartir con vós do noso día a día no que iremos aprendendo e medrando xuntos.