lunes, 12 de diciembre de 2016

Agasallo sorpresa!!!

 
 Queremos agradecer o detalle que tivo Sara de traernos uns agasallos polo seu aniversario,pero sobre todo á súa nai que foi a que os elaborou ,menudo traballo!Encantounos e de seguro darémoslle un bo uso.Grazas outra vez.




















jueves, 1 de diciembre de 2016

Aprendendo unha nova técnica.


 Na clase de plástica aprendemos unha nova técnica de debuxo chamada esgrafiado. Trátase dunha divertida maneira de facer debuxos descubrindo a cor oculta baixo a superficie. Soa complicado pero é realmente sinxelo. Realizando esta actividade , os nenos divírtense, desenvolven a súa creatividade e exploran diferentes formas de facer arte.


















jueves, 10 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

O xoves 10 de novembro celebramos no cole o magosto.Como todos os anos, asamos castañas e despois xuntámonos todos os cursos para disfrutar da merenda. Agardamos que esta tradición non se perda nunca.Aquí tedes algunhas fotos dese día.

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

Este curso festexamos o Samaín con moitas actividades: decoramos os corredores con cabazas que trouxeron os nenos da casa,visita dos/das pais/nais ás aulas para contar contos, concerto de Paco Nogueiras na biblioteca, lectura ás escuras e moitas cousas máis.Foi moi divertido.


Tamén podedes ver aquí as cabazas unha a unha con máis detalle. Son unha chulada!

martes, 18 de octubre de 2016

Roupa extraviada.

Estes días apareceron estas camisetas nos baños do cole.Os/as nenos/as non as recoñecen como súas. Por favor, se sabedes de quen son, comunicádenolo para devolvelas. Grazas.




viernes, 14 de octubre de 2016

Aprendemos xogando!

Aquí tedes un montón de actividades e xogos para repasar o que traballamos na clase e para aprender cousas novas e divertidas. Clica enriba da imaxe e poderás comezar.









lunes, 10 de octubre de 2016

Entrega de premios da Olimpiada de investigadores.

 Hoxe tivo lugar a entrega de premios para os participantes na I Olimpiada de investigadores que se realizou no curso pasado na Biblioteca do cole. Houbo premios para todo o alumnado que se animou a participar e como non, tamén para o gañador.


                           

  

                  Alumnado participante na Olimpiada recollendo os premios.  

                             

                             


O noso flamante gañador,Mateo. Noraboa!!!

 

 Animámosvos a participar nas vindeiras actividades que se organicen dende a Biblioteca.Seguro que será moi divertido!.




Ideas para coller ben o lapis.

 Aquí vos deixo algunhas ideas para poñer en práctica con aqueles/as nenos/as que teñen problemas para coller o lapis. Na clase tamén as traballaremos. Agardo que sexan de utilidade.

lunes, 12 de septiembre de 2016

Comezamos un novo curso.

  Cheos de ilusión e ganas comezamos un novo curso cos rapaces de 1º de primaria. Agárdannos moitas sorpresas e momentos divertidos,pero sobre todo,imos aprender un montón de cousas útiles,así que alá imos!. Benvid@s!



martes, 14 de junio de 2016

FESTA DO SABER

Con motivo da festa do saber que se levou a cabo no cole,asistimos a presentación do traballo realizado polo alumnado de 5º curso,no que investigaron sobre o río Loira e sobre a fauna e a flora que nel podemos atopar. 
Tamén nós fixemos unha presentación sobre os cruceiros . Estabamos moi nerviosos,pero ao final saíunos bastante ben. Despois de contar o que sabíamos sobre o tema,invitamos ao alumnado de 4º ( que era o curso para o que fixemos a presentación) a participar nun xogo de preguntas elaborado por nós. O equipo gañador foi o equipo nº 1,que gañou un cruceiro en miniatura e un diploma.
Asemade,os/as alumnos/as de 4º representaron para nós unha obra de teatro .
Aquí tedes algunhas fotos destas actividades.

PRESENTACIÓN DE 5º CURSO: RÍO LOIRA










    PRESENTACIÓN DE 2º CURSO: OS CRUCEIROS





     OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLO ALUMNADO DE 4º.