sábado, 15 de junio de 2019

Repasamos no verán.




 Poño a disposición das familias este material que  creo que é bastante práctico e está adaptado ao aprendido ao longo do curso. Recomendo que programen un tempo diario para que os/as nenos/as poidan repasar os contidos do curso e así afianzalos evitando que esquezan o aprendido.
 A continuación amosamos as actividades recomendadas que poden realizar durante o verán.
 Dentro da área de Lingua poden descargar e imprimir actividades de reforzo dos contidos de Terceiro e  actividades de comprensión lectora.
 Para reforzar e repasar Matemáticas, tamén poden descargar e imprimir fichas de reforzo de contidos, de problemas, de táboas , de cálculo e de problemas.

https://drive.google.com/file/d/0B1dq0Jdd0u7QMEdlQlhkTXlabHc/view

https://es.scribd.com/doc/66206967/Comprension-Lectora-Primaria-Anaya
https://drive.google.com/file/d/0B1dq0Jdd0u7QMEdlQlhkTXlabHc/view 
https://drive.google.com/file/d/0B1dq0Jdd0u7QaHFoYkZRTmFvWnM/view
https://drive.google.com/file/d/0B1dq0Jdd0u7QSklISmdXb0RXR2c/view
 

jueves, 7 de junio de 2018

EXPOSICIÓN:OFICIOS DO MAR.


   Aquí podedes lembrar cómo foi a exposición de imaxes de  persoas con profesións relacionadas co mar ( redeiras, mariscadoras, pescadores, vendedoras...) que montamos no cole. O alumnado puido ver cómo se traballaba antigamente e comparar cómo eran as vestimentas ou as ferramentas utilizadas fai moitos anos coas de hoxe en día.




jueves, 24 de mayo de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.


Aquí tedes un vídeo resumo da excursión que fixo 2º,4º e 5º a Poio, para poder disfrutar dunha xornada coas mariscadoras da zona,onde o alumnado aprendeu moitas cousas como qué tipos de ameixas hai, cales se poden coller,qué ferramentas se utilizan, cómo se seleccionan segundo o seu tamaño e cal e o proceso que se segue dende a súa recollida ata a súa venta. Visitamos tamén a lonxa de Campelo para ver cómo se subastaban as capturas do día e por último puidemos degustar un menú elaborado con produtos do mar que estaban deliciosos.Que ben o pasamos! Oxalá en vindeiros cursos poidamos repetir xa que foi toda unha experiencia.



viernes, 21 de abril de 2017

Sumas levando

Esta semana comezamos a traballar as sumas levando. Resultáronnos bastante fáciles, pero por se nos esquecemos de cómo se resolvían aquí vos deixo un vídeo para refrescar a memoria.

lunes, 12 de diciembre de 2016

Agasallo sorpresa!!!

 
 Queremos agradecer o detalle que tivo Sara de traernos uns agasallos polo seu aniversario,pero sobre todo á súa nai que foi a que os elaborou ,menudo traballo!Encantounos e de seguro darémoslle un bo uso.Grazas outra vez.




















jueves, 1 de diciembre de 2016

Aprendendo unha nova técnica.


 Na clase de plástica aprendemos unha nova técnica de debuxo chamada esgrafiado. Trátase dunha divertida maneira de facer debuxos descubrindo a cor oculta baixo a superficie. Soa complicado pero é realmente sinxelo. Realizando esta actividade , os nenos divírtense, desenvolven a súa creatividade e exploran diferentes formas de facer arte.


















jueves, 10 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

O xoves 10 de novembro celebramos no cole o magosto.Como todos os anos, asamos castañas e despois xuntámonos todos os cursos para disfrutar da merenda. Agardamos que esta tradición non se perda nunca.Aquí tedes algunhas fotos dese día.