Laura foi a primeira da clase en levar a mochila para casa. Agardamos que a súa familia e a ela lles guste a experiencia.
sábado, 31 de octubre de 2015
XOGO DO SAMAÍN
Se premes no debuxo que está debaixo, poderás xogar a facer crebacabezas ,sopas de letras e actividades relacionadas co Samaín.
jueves, 29 de octubre de 2015
LECTURAS TERRORÍFICAS
Aproveitando estas datas,pedimos que o alumnado do cole buscase na casa contos de medo ou relacionados coa temática do Samaín. Á nosa clase foron chegando moitos libros terroríficos e tamén divertidos cos que pasar un bo rato lendo.
QUÉ MEDO!
Esta semana no cole traballamos sobre o Samaín. Informámonos sobre a súa orixe, sobre as tradicións e decoramos todo con cabazas, arañas e pantasmas. Tamén cantamos cantigas e vimos obras de teatro representadas por compañeiros/as doutros cursos.Aquí tedes algunhas fotos destes días.
SAMAIN 2015 - Kizoa Movie Maker
miércoles, 28 de octubre de 2015
HORA DE LER
Xa sabedes que na nosa clase lemos todos os días e para levar un control do moito que lemos imos pintando no lectómetro todos os libros que lemos. Como vedes,a cousa marcha!
CHEGOU O OUTONO!
Xa está aquí o outono e as árbores comezan a perder as súas follas , por iso aproveitamos para recoller unhas poucas no patio do cole para facer uns traballos de plástica . Con elas fixemos raposos, ourizos , paxaros, etc. Quedaron bastante ben!
COMEZAMOS UN NOVO CURSO
Ola a tod@s! No verán pasámolo moi ben pero toca voltar ao cole. Comezamos un novo curso
moi ilusionados ademáis este curso temos dúas novas compañeiras que se chaman Ada e Ángela.
Algunhas cousas que aprendemos o curso pasado esquecéronsenos pero axiña as lembraremos.
Agardamos pasar un bo curso aprendendo moitas cousas e compartindo algunhas con vós.
COMEZA A NOSA ANDAINA
Benvid@s ao meu blogue,onde publicarei novas, fotos, actividades para aprender xogando, e todas aquelas experiencias que queremos compartir con vós do noso día a día no que iremos aprendendo e medrando xuntos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)