jueves, 7 de junio de 2018

EXPOSICIÓN:OFICIOS DO MAR.


   Aquí podedes lembrar cómo foi a exposición de imaxes de  persoas con profesións relacionadas co mar ( redeiras, mariscadoras, pescadores, vendedoras...) que montamos no cole. O alumnado puido ver cómo se traballaba antigamente e comparar cómo eran as vestimentas ou as ferramentas utilizadas fai moitos anos coas de hoxe en día.




jueves, 24 de mayo de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.


Aquí tedes un vídeo resumo da excursión que fixo 2º,4º e 5º a Poio, para poder disfrutar dunha xornada coas mariscadoras da zona,onde o alumnado aprendeu moitas cousas como qué tipos de ameixas hai, cales se poden coller,qué ferramentas se utilizan, cómo se seleccionan segundo o seu tamaño e cal e o proceso que se segue dende a súa recollida ata a súa venta. Visitamos tamén a lonxa de Campelo para ver cómo se subastaban as capturas do día e por último puidemos degustar un menú elaborado con produtos do mar que estaban deliciosos.Que ben o pasamos! Oxalá en vindeiros cursos poidamos repetir xa que foi toda unha experiencia.



viernes, 21 de abril de 2017

Sumas levando

Esta semana comezamos a traballar as sumas levando. Resultáronnos bastante fáciles, pero por se nos esquecemos de cómo se resolvían aquí vos deixo un vídeo para refrescar a memoria.

lunes, 12 de diciembre de 2016

Agasallo sorpresa!!!

 
 Queremos agradecer o detalle que tivo Sara de traernos uns agasallos polo seu aniversario,pero sobre todo á súa nai que foi a que os elaborou ,menudo traballo!Encantounos e de seguro darémoslle un bo uso.Grazas outra vez.




















jueves, 1 de diciembre de 2016

Aprendendo unha nova técnica.


 Na clase de plástica aprendemos unha nova técnica de debuxo chamada esgrafiado. Trátase dunha divertida maneira de facer debuxos descubrindo a cor oculta baixo a superficie. Soa complicado pero é realmente sinxelo. Realizando esta actividade , os nenos divírtense, desenvolven a súa creatividade e exploran diferentes formas de facer arte.


















jueves, 10 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

O xoves 10 de novembro celebramos no cole o magosto.Como todos os anos, asamos castañas e despois xuntámonos todos os cursos para disfrutar da merenda. Agardamos que esta tradición non se perda nunca.Aquí tedes algunhas fotos dese día.

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

Este curso festexamos o Samaín con moitas actividades: decoramos os corredores con cabazas que trouxeron os nenos da casa,visita dos/das pais/nais ás aulas para contar contos, concerto de Paco Nogueiras na biblioteca, lectura ás escuras e moitas cousas máis.Foi moi divertido.


Tamén podedes ver aquí as cabazas unha a unha con máis detalle. Son unha chulada!